CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Alejandra (11 anos): "É importante a alimentación sa e o deporte. Hai que ter coidado coas lambetadas"

21/11/2020 - 16:00 h

Co gallo da celebración da Semana da Infancia de Unicef na CRTVG,  no Galicia en goles conversamos con rapaces que forman parte de diversos grupos de participación  dalgúns concellos galegos.

Alejandra  ten once anos e teno claro: "É importante a alimentación sa e o deporte. Hai que ter coidado coas lambetadas, a todos nos gustan, pero non son nada boas. Eu, salvo os pementos, como de todo".

Este ano, Unicef centra a #SemanaCoaInfancia, nos  hábitos saudables, a alimentación e a prevención da obesidade. Para fomentalos non hai nada mellor que a práctica deportiva.

Alejandra é clara: "Eu tería máis horas de clase de Educación Física. É importante, pasámolo ben".