CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Menudo: "Somos moitos xogadores novos, pero estamos preparados para o comezo de temporada"

21/08/2021 - 21:08 h

O Deportivo da Coruña venceu o Pontevedra por tres goles a dous no último amigable antes do arrinque ligueiro a vindeira fin de semana. Segundo os propios xogadores do conxunto coruñés, as sensacións melloraron con respecto a outros partidos de preparación.

Así o recoñecía Juan Carlos  Menudo: "Sempre que se gaña se melloran as sensacións. Creo que mereciamos unha vitoria. É certo que nos últimos minutos houbo relaxación que hai que corrixir, pero é importante para comezar ben a temporada".

Sobre o estado do conxunto ante o vindeiro choque fronte ao Celta B, Menudo afirmaba: "Somos moitos xogadores novos, por iso veu ben esta longa pretemporada. Pero agora creo que xa estamos preparados para o comezo de temporada e poder darlle unha ledicia á afección".