CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Rubén Albés: "Estivemos máis preto da vitoria que eles. A liñá é dun equipo loitador e competitivo"

21/08/2021 - 19:15 h

O Club Deportivo Lugo sumou o seu segundo empate nesta temporada tras igualar a cero no Anxo Carro ante a Real Sociedad B.

Nun Anxo Carro con máis de dous mil cincocentos afeccionados, o conxunto da Muralla foi quen de desactivar a calidade txuri-urdin.

Así o facía saber o técnico Rubén Albés na sala de prensa: "Estivemos máis preto da vitoria que eles. Sabiamos que era un equipo moi difícil, viña de gañarlle ao Leganés, e non lembro tiros a porta deles. A liñá é dun equipo loitador e competitivo, cando entran trocos melloran o que está a pasar. Estamos en boa liña".

O técnico vigués non quixo pronunciarse sobre as últimas incorporacións do equipo lucense e sí destacar o traballo dos que están, sobre todo, na faceta defensiva.

"Hoxe fixemos un moi bo partido, desconectando a un equipo moi bo. Cando se está mal en defensa dicímolo, pero cando estamos moi ben coma hoxe tamén hai que sinalalo".