CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Joaquín Dosil, psicólogo do Celta: "Adestrador novo, vitoria segura. A novo estímulo, a motivación e a concentración crecen"

20/11/2020 - 22:06 h

Joaquín Dosil, psicólogo do Celta, pasou polo Galicia en goles para conversar con Paco Santos e Roberto Carlos Carballo sobre un curso de coaching que impartirá a adestradores galegos.

Aproveitando a presenza de Dosil, abordaronse cuestións como o traballo psicolóxico do xa ex adestrador do Celta, Óscar García, e o que pode aportar o novo, o arxentino Eduardo 'Chacho' Coudet.

Requirido sobre unha das máximas do fútbol: "Adestrador novo, vitoria segura", Joaquín admitiu que ten compoñentes que a converten en realidade.

"Cando chega un novo estímulo, un novo técnico, todos os xogadores teñen reaccións, os que non xogan porque ven unha oportunidade, os que xogan porque necesitan reafirmarse. É certo que neses primeiros partidos crece a motivación, a concentración e a tensión competitiva. O importante é mantela no tempo".