CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Luis César: "Estamos no barro. Coñezo o hábitat. Traballando máis, sairemos"

20/10/2019 - 18:15 h

O Deportivo continúa como pechacancelas da segunda división tras caer, de novo, en Riazor ante o Málaga por cero goles a dous.

O técnico Luis César Sampedro valorou o partido realizado: "É un resultado xusto. Teño que ver as ocasións, pero moitas delas son creadas por erros nosos. Hai que seguir trocando cousas, xogadores, mecánicas. Non podemos cometer tantos erros".

O vilagarcián recoñece o mal momento do conxunto coruñés: "Estamos no barro, no fango. Estou acostumado a iso. Coñezo o hábitat. Non me gusta o seu cheiro. Só traballando se sae de aí. Non teño tempo para lamentarme".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí