CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Iago Aspas: "Prefiro estar agora en descenso que ao final da temporada"

20/10/2019 - 15:26 h

O dianteiro Iago Aspas atendeu en exclusiva a Roberto Carlos Carballo na zona mixta de Mendizorroza, tras a derrota do Celta por dous goles a cero ante o Alavés.

O moañés amosouse preocupado polo mal inicio de temporada, pero pide calma: "É certo que os resultados non están acompañados, pero prefiro estar nos postos de descenso agora que a final de temporada".

Aspas tamén incidiu nos erros que están a costarlle puntos ao equipo vigués: "O Alavés aproveitou os nosos erros para marcar os goles. Temos calidade pero estamos fallando e hai que mellorar".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí