CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Paco Zas: "Con Edu Expósito non podiamos arriscarnos a outro caso Róber"

20/07/2019 - 14:19 h

O presidente do Deportivo, Paco Zas, analizou esta mañá en Abegondo todos os temas de actualidade arredor do conxunto coruñés.

Sobre fichaxes, o presidente branco e azul non quixo adiantar número ou nomes: "Tentaremos cumprir co que quere o adestrador, que teñamos o equipo ao comezo da liga. Pode pasar de todo e dependerá das saídas".

Precisamente, sobre as ventas Paco Zas admitiu: "Con Quique non hai dúbida, pagaron unha cláusula. Con Edu non podiamos arriscarnos a que acontecese outro caso Róber, que o tes cedido tres anos gratis e logo marcha libre".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí