CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

A festa do ascenso do Breogán, nos micrófonos na Radio Galega

20/06/2021 - 21:11 h

Lugo é ACB. O Breogán volveu vivir unha xornada histórica tras lograr o ascenso á elite do baloncesto español. Fíxoo nun partido perfecto tras gañar 57 a 83 ao Granada. Alí estaba Raúl Villares para contarlle a Galicia a festa do ascenso. A pé de pista, nos vestiarios,  fóra do pavillón.... Alí onde había un protagonista, alí estaba o 'Galicia en goles'.

O director xeral Tito Díaz recoñecía que foi "o partido perfecto. O Breogán é un sentimento e isto vai para a afección". Foi tamén un partido especial para os da casa, coma Erik Quintela "Non é presión por ascender, é o sentimento da importancia que ten o club para esta xente. É unha gran ledicia".

Emocionados tamén puidemos escoitar o presidente Caneda, o técnido Diego Epifanio e os seus axudantes. Volve escoitar toda a festa dunha xornada histórica para o breoganismo.