CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Manuel Abalo, presidente do Arousa: "Este equipo merecía estar nunha categoría nacional"

20/06/2021 - 20:01 h

Moitos anos despois o Arousa regresa a unha categoría nacional tras derrotar na gran final polo ascenso o Somozas por dous goles a cero. O seu presidente Manuel Abalo estaba exultante: "Este equipo merecía estar nunha categoría nacional. Foi unha pena que non puidesemos encher o campo, pero xa custou manter as distancias con esta xente... imaxina... Foi unha época moi difícil, cando chegamos con moitas débedas, hai once anos... en preferente... "

Falou Abalo que "é un premio para a nosa afección, que o merece. Non queriamos poñer o carro antes ca os bois, por moito que dixeran que eramos favoritos. Sófrese moito, pero tamén desfrutamos. É un ascenso moi bonito. Para Vilagarcía, un partido destes é moi bo"