CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Escribá: "Quero que sexamos igual de ambiciosos que a semana pasada de 3 partidos. Podemos gañar os dous partidos que restan"

20/04/2019 - 15:25 h

Vitoria do R. C. Celta en Balaídos diante un rival directo. Os olívicos venceron por 2 a 1
Escribá
: "Boufal no Wanda xa fixo un excelente partido. É ese xogador que un ano fará unha temporada espectacular. E está niso. Pero estou satisfeito con todos: fixemos un partido moi completo.

Quero que sexamos igual de ambiciosos que a semana pasada de 3 partidos, non conto puntos. Creo que podemos gañar os dous partidos que nos restan esta semana. Imos por todas.
No descanso díxenlle os xogadores que mereciamos máis goles. Lesiónase Okai, o gol desubicounos, pero o equipo refíxose. Creo que Bon
o tivo que intervir moito máis con Rubén. Tivemos unha gran eficacia e control sobre xogadores perigosos deles como Portu ou Stuani.

Estou moi satisfeito cos 4 centrais, pero non me gustan os bancos con moitos defensas, por iso sacrifico xogadores nese apartado. O carácter dun xogador como Cabral é moi importante para nós nestes partidos. Pero van rotar os centrais en tantos partidos seguidos.

O VAR a min encántame e axúdanos, pero seguramente a media de duración da toma de decisións variará e a aplicación de medida do fóra de xogo mellorará. Iso si, seis minutos de tardanza en decidir descoloca a todos. O ideal sería que non tardase tanto".

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí