CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Manu Sánchez: "Tentamos prolongar a vida, pero hoxe non estivemos ben"

19/06/2021 - 15:53 h

O Deportivo certificou o seu descenso á Segunda División tras caer por tres goles a un ante o Betis. O seu técnico Manu Sánchez atendeu a Radio Galega  tras o encontro: "Tentamos prolongar a vida, pero hoxe non estivemos ben. Aínda que nos felicitan polo partido, non axustamos ben as liñas e rematamos desta forma. Faltou tranquilidade para este tipo de partidos, moito nerviosismo. Non hai nada que reprochar porque este proxecto naceu con xogadoras novas"

A afección bética despediu o Deportivo con aplausos. Manu Sánchez dixo "algo moi bo debemos de facer, sobre todo o ano pasado, que en todos os campos nos recibiron con boas palabras. Este é un equipo que en calquera partido fai o mesmo. Transmite uns valores e a xente recoñéceo"

Sobre o seu futuro e do equipo di "o proxecto camiñará da man do club. Non podemos achacar nada da falla de investimento. O club fai o que pode. Seguramente non son o mellor adestrador, pero son o mellor adestrador para este equipo. Teño forzas e penso que este proxecto ten pasos que dar"