Galicia en Goles
Paula Medín: "Estamos sorprendidas polo nivel que temos a estas alturas no Seven. Imos polo título"
O Crat Coruña logrou o seu pase aos cuarto de final da Copa da Raíña do Rugbi na modalidade Seven que se está a desputar en Elviña. A capitá do equipo, Paula Medín, falou para o 'Galicia en goles': "Estamos sorprendidas polo nivel que temos a estas alturas no Seven, levamos dúas semanas adestrándonos. Imos polo título"
Medín, cun palmarés de luxo e unha referencia no rugbi español, recupérase dunha doenza: "Vou recuperando pouco a pouco. O certo é que non tiven boa sorte esta temporada. Rompín as costelas e estou recuperandome no día de hoxe"