CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Davor Cutura: "Toda a miña familia pasou a COVID-19. Afortunadamente, tivemos síntomas leves"

18/04/2020 - 18:09 h

No noso diario do confinamento conversamos con Davor Cutura.

"Tocou vivir de preto isto. Viñemos de Italia pensando que aquí, na casa dos sogros, estariamos mellor. Dúas semanas despois, comezamos con síntomas leves. Ao vir de Italia fixeron test e demos todos positivo".

A pesar de non ter complicación, si que as viviu de preto: "Afortunadamente, tivemos síntomas leves. O peor que o pasou foi o irmán do meu sogro, que sufriu moito. Estivo na UCI e hai uns días saíu. Loitou moito. Creo que o contaxio foi aquí, polas datas. O primeiro foi o irmán do meu sogro e logo fomos caendo todos".

Cutura xoga e adestra actualmente un conxunto italiano. Sobre o regreso da competición do balonmán en España é claro: "Non entendo que en España se tarde tanto en tomar unha decisión co balonmán. Os contratos son semiafeccionados. Isto non é o fútbol. Deberían xa cancelar. Tomar unha decisión firme. Pero volver a xogar e ter áa xente agardando non é bo".