CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Manu Barreiro: "O Rácing superounos na primeira parte, pero na segunda, co xogo directo, melloramos"

17/11/2019 - 20:53 h

O Lugo rescatou un punto no Anxo Carro ante o Rácing de Santander. Empatou a un nun partido no que os cántabros foron mellores no primeiro tempo.

O goleador lucense Manu Barreiro avaliaba o encontro: "O Rácing superounos na primeira parte pero na segunda, co xogo directo, melloramos. O meu gol foi bo, pero Álex fixo un pase xenial".

O conxunto da Muralla mantén cinco puntos de marxe sobre o descenso e xa prepara o seguinte envite ante o líder, o Cádiz.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí