CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Chano Calvo, presidente do Bergantiños: "O Sevilla é un dos históricos da Liga. Agardamos poder xogar nas Eiroas"

17/11/2019 - 16:56 h

O gordo do sorteo de Copa do Rei celebrado está mañá caeu en Carballo. O Bergantiños recibirá na primera rolda ao Sevilla.

O seu presidente, Chano Calvo, aseguraba no Galicia en goles a ilusión e ledicia creada na afección carballesa: "Estamos moi contentos. É o mellor equipo que nos podía tocar, un histórico da liga, quizáis o partido máis importante que xogaremos na nosa historia".

Agora, a dúbida está en saber se o encontro se poderá xogar nas Eiroas ou haberá que buscar un campo alternativo.

"Hai que mellorar o sistema de iluminación. Por iso non vai haber problema. O resto de cousas que pide a Federación creo que as cumprimos. A cuestión está no céspede artificial. Oxalá poidamos xogar aquí".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí