CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Escoita o gol da vitoria do Lugo en Castalia

17/10/2020 - 22:18 h

Adestrador novo, vitoria segura. O C. D. Lugo e Mehdi Nafti fixeron bo o dito popular. O conxunto da Muralla derrotou o C. D. Castellón por cero goles a un no debut do técnico franco-tunesino. 

O canario Iriome, cun golpe de testa á saída dun córner, xa no tempo de desconto, foi o autor do tanto lucense que lle permite ao conxunto albivermello sumar a segunda vitoria nesta temporada.

No Galicia en goles da Radio galega vivimos con paixón ese emocionante final. 

Agora podes revivir o tanto de Iriome na gorxa de Roberto Carlos Carballo.