CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Moncho Carnero e Xosé Valtierra analizan a derrota do Celta ante o Atlético

17/10/2020 - 18:04 h

O Celta caeu en Balaídos por cero goles a dous ante o Atlético de Madrid. Tras o encontro pasamos revista cos nosos analistas Moncho Carnero e Xosé Valtierra.

Carnero recoñecía: "Hoxe gustoume o equipo. Salvo ese arrinque de partido, logo o equipo xerou ocasións e foi intenso. Hai que pedirlle ese nivel contra equipos da zona baixa, iso é o que me preocupa".

Pola súa banda, Valtierra amosábase crítico porque "o Celta non tivo variantes no ataque. Sempre  xoga ao mesmo. Somos moi previsibles".