CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Este domingo, a Segunda B, a Terceira e o fútbol feminino, no 'Galicia en goles'

17/10/2020 - 15:04 h

A primeira edición contará desde as 12 do mediodía a xornada matinal, con atención ao fútbol feminino, a Liga de Terceira e as competicións de baloncesto, balonmán e hóckey a patíns.

A partir das 3, a sesión de tarde despregará amplos equipos técnicos e humanos no comezo da Segunda B, con catro encontros: Racing de Ferrol-Pontevedra, Deportivo-Salamanca, Unionistas-Compostela e Coruxo-Zamora. A primeira xornada da Terceira ten como sobranceiro o Arousa-Arenteiro, no estadio da Lomba.

Desde as 9 da noite, xornalistas, adestradores e árbitros xuntaranse arredor do faladoiro para debater sobre os resultados dos nosos equipos nun espazo de opinión que a audiencia pode ver tamén polo streaming Mira RG a través da web da CRTVG.