CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Héber Pena "Se non mantés a porta a cero nesta categoría é moi difícil sacar algo positivo"

17/09/2021 - 23:26 h

O Rácing de Ferrol caeu en Almendralejo ante o Extremadura por un a cero cun tanto nos últimos minutos do encontro. Raúl Villares conversou  ao remate do partido co extremo Héber Pena "É unha mágoa encaixar de novo a balón parado como hai dúas semanas. Agardemos corrixir os erros  porque o gol é practicamente igual e senón imos ter problemas. Se non mantés a porta a cero nesta categoría é moi difícil sacar algo positivo. Vai penalizar moito non materializar as que temos"

 

Pena afirma que "eles teñen xente de calidade e meteron a que tiveron. Somos moitos xogadores novos, é cedo para poñerse nervioso. Imos ter esa tranquilidade porque creo que estamos facendo as cousas ben e temos mimbres para facelo mellor"