Galicia en Goles
Óscar García, Curro Torres e Fernando Vázquez avalían unha posible volta ao traballo nas charlas da Futgal
A Federación Galega de Fútbol organizou o pasado venres unha nova xornada de 'Falemos de fútbol', coa presenza dos tres adestradores dos clubs galegos do fútbol profesional. O técnico do Celta, Óscar García; o do Lugo, Curro Torres, e o seu homólogo no Deportivo, Fernando Vázquez, charlaron virtualmente sobre todos os aspectos que preoucupan agora mesmo no deporte rei.
No Galicia en goles escoitamos o máis senlleiro da súa conversa e destacamos as súas posturas sobre un posible regreso ao traballo. Fernando Vázquez ve preto poder volver ao traballo; Curro Torres deséxaon pero non o ve tan doádon e Óscar García desmárcase da postura do de Castrofeito: "Un autónomo que non pode ir a abrir o seu negocio, que vai pensar se ve que nós volvemos aos adestramentos?".