CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Bruno Rivada: "Moi contentos co partido e co esforzo que fixemos con dez xogadores"

17/01/2021 - 19:25 h

O Rácing de Ferrol conquistou Pasarón no derbi de históricos do noso fútbol. Un tanto de Joselu tombou o Pontevedra e volve dar folgos aos departamentais na loita por entrar nos tres primeiros clasificados. Bruno Rivada, central verde con pasado granate falou con Raúl Villares no pospartido "Moi contentos co partido e co esforzo que fixemos con dez xogadores. Os que entraron fixérono espectacular e axudaron moito"

Rivada foi claro: "Fixémonos fortes tras o gol. Agardemos que non teñamos que lembrarnos o segundo gol que nos anularon. O árbitro di que é fóra de xogo a primeira. Vímola e non é. Agardemos que outra vez nolo dean a nós porque os erros ultimamente están caendo en contra nosa. Hai que ir partido a partido e pensar no Celta B"