CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Rubén de la Barrera: "Non estou satisfeito co punto. Temos que facelo bo na casa"

17/01/2021 - 18:53 h

O novo técnico do Deportivo da Coruña, Rubén de la Barrera, non puido debutar con vitoria. O conxunto coruñés empatou a cero no Helmántico fronte ao Salamanca.

O adestrador coruñés valorou este primeiro partido baixo a súa batuta "Todos os partidos queremos gañalos. Comezamos ben, pero non tivemos continuidade. Sufrimos en campo propio, impedía atacar con moita xente na parte final do 1º período. Na 2ª parte tivemos maior control, pechamos a área, pero é verdade que hai detalles e poucas aparicións que fosen determinantes"

Rubén de la Barrera foi claro: "Non estou satisfeito co punto. Temos que facelo bo na casa, pero nós sempre sairemos a gañar. Un equipo grande é aquel que neste tipo de partidos é quen de gañar con pouco que faga"

O conxunto coruñés suma 16 puntos e perde un posto, situándose terceiro a 5 puntos do liderado.