CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Dani Giménez: "Non damos o nivel. Hai que buscar cambios. Quen non estea, que non xogue"

16/11/2019 - 18:13 h

O Deportivo da Coruña caeu de novo. Foi no Francisco de la Hera ante o Extremadura por dous goles a cero. O xogo do equipo coruñés  foi de novo malo e plano. E técnico e xogadores fixeron autocrítica. Un dos máis elocuentes foi o gardameta Dani Giménez "Fixemos moitas cousas mal. Hai que cambiar todo. Parecemos superados. Se alguén non é quen de superar estas situacións, que non xogue, que deixe paso. Hai xogadores con menos minutos, do Fabril, que o poden facer mellor. Eu tamén levo varios partidos mal"

 

Giménez aposta por trocar moitos aspectos "Quizáis debemos trocar de sistema, xogar máis aloucados, de maneira máis simple, pero non podemos seguir así. Pasan as xornadas e non melloramos"

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí