CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Pato Guillén: "Outros equipos con menos conseguen máis"

16/01/2021 - 19:00 h

O Compostela non foi quen de pasar do empate ante o líder Unionistas. O encontro rematou con empate a cero e parte foi grazas ao seu cancerbeiro Pato Guillén, que atendeu o 'Galicia en goles' nos exteriores de San Lázaro "O camiño é este. Agardemos que cheguen os triunfos. Eu creo que chegarán. Estamos facendo cousas moi boas e non dá chegado a vitoria. Eles xogan ao erro rival. Xa os vimos en Ferrol. Ían agardar e en calquera xogada puntual poden gañar. Fixemos cousas moi ben, chegamos á liña de fondo varias veces. Non tivemos a sorte para abrir o partido"

Guillén falou sobre as súas dúas paradas "Cometemos un erro na saída do balón. Tiven a sorte de poder parar e sumar. Na seguinte foi unha cabezada. Estou contento por poder axudar o equipo. O vestiario está tocado porque non é o primeiro partido onde xeramos moito e logo non temos premio"