CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

A Segunda B, protagonista no 'Galicia en goles' deste domingo

16/01/2021 - 16:00 h

Esta fin de semana chega sen fútbol de Primeira e Segunda División, xa que se vai desenvolver unha nova eliminatoria da Copa do Rei, en que o fútbol galego xa non ten representación. A Segunda B será, polo tanto, o eixe central da programación da Radio Galega.

Este domingo, desde as 15.00 h, o Salamanca-Deportivo, o Pontevedra-Rácing de Ferrol e o Zamora-Coruxo serán os partidos centrais da tarde, ademais da xornada de Terceira.

A última hora da tarde haberá atención especial á final da Supercopa de España entre Athletic de Bilbao e Barcelona.