CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Semana de Copa do Rei no 'Galicia en goles'

15/12/2019 - 22:59 h

A Radio Galega retransmite esta semana os sete partidos dos equipos galegos na Copa do Rei de fútbol.

martes, o 'Galicia en goles' principia ás catro menos dez da tarde, xusto despois doutra emisión deportiva, 'Zona mixta'. Paco Santos conduce a cobertura dos dous primeiros encontros con presenza galega, o Coruxo-Mirandés, no campo vigués do Vao, e o Illueca-Deportivo, no estadio aragonés Papa Luna. Ademais, durante o programa haberá conexións coa xunta de accionistas do Deportivo, que coincidirá en horario co partido de fútbol. A partir das dez da noite, 'Ao contraataque' ofrecerá unha edición especial desde o Palacio de Exposicións da Coruña, onde se desenvolve a reunión dos accionistas.

O mércores tres partidos protagonizarán o 'Galicia en goles' desde as seis menos cuarto da tarde. O Bergantiños actúa de local en Riazor ante o Sevilla, mentres o Pontevedra recibe en Pasarón o Eivisa e o Lugo visita o Sestao.

O xoves, desde as sete menos cuarto, o terceiro día de fútbol copeiro centrará o interese no Peña Azagresa-Celta, desde o campo de Calahorra, e no Raio Majadahonda-Racing de Ferrol, no Cerro del Espino.

Esta eliminatoria de Copa dispútase a partido único. Os oíntes poderán seguir as retransmisións a través da FM, TDT, radiogalega.gal e Radioplayer España.