CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Churre: "A Joselu sempre o tería no meu equipo"

15/01/2021 - 23:03 h

Este domingo arrinca a segunda volta da primeira fase na 2ª B. Farao cun derbi por todo o alto en Pasarón: Pontevedra C. F. - Rácing de Ferrol. Os dous conxuntos chegan a este partido coa necesidade de puntuar, os granates para que non se escape o líder Unionistas e os departamentais para non perder o tren dos tres primeiros clasificados.

Paco Santos, no 'Galicia en goles' conversou cun xogador do conxunto do Lérez, con pasado ferrolán: Víctor Vázquez, Churre: "Levo 3 anos aquí, alá estiven 5 anos. Pasei anos moi bos, co equipo arriba loitando por ascender e o último ano foi o peor polo descenso. Tiven de todo. Gardo amigos alí. Polo que falo con xente, agora entraron cartos e ambición, pero cando estaba eu tamén era así."

Sobre o partido en si, Churre falou claro "Vai a ser un partido moi complicado para nós. Joselu, por exemplo, achega moitas máis cousas que gol. Eu sempre o tería no meu equipo. Eles queren ter o balón, as xogadas a balón parado son moi fortes. No partido vai haber momentos de todo tipo, en que estaremos pechados nós, en que eles estarán sufrindo. Haberá de todo tipo de situacións"