CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

X. M.Traba: "Para ter gol, hai que crear ocasións, e o Deportivo non o fixo"

14/06/2020 - 19:03 h

O Deportivo regresou á competición cun empate a 0 en Riazor ante o Sporting de Xixón. As sensacións non foron as mellores, e así pensa o analista X. M.Traba.

"Para ter gol, hai que crear ocasións, e o Deportivo non o fixo. Se temos que ser xustos, o Sporting mereceu máis, a pesar que foi un partido moi igualado".

O conxunto coruñés, a pesar do punto acadado, segue en postos de descenso directo a 2ªB. Traba amosouse crítico co xogo deportivista.

"Un equipo que ten que ir a polos tres puntos, con tan poucos tiros é difícil. Creo que o Deportivo deixouse ir e agardou a contra, pero non saíu ben. Dentro do malo, menos mal, porque as mellores ocasións foron deles".