CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

A Liga continúa o martes e o mércores na Radio Galega

14/06/2020 - 17:56 h

O fútbol entra nas dez últimas xornadas da Liga. O martes e o mércores, a Radio Galega ofrece desde as sete da tarde a ata as dez da noite edicións de Galicia en Goles para contar o que suceda nos partidos dos nosos equipos.

O martes, desde o Anxo Carro, Andrés Vieites retransmistirá o Lugo-Zaragoza. A vitoria en Santander permitiu ao equipo que prepara Curro Torres escapar dos postos de descenso. O seu rival é un candidato ao ascenso que ven de perder na casa ante o Alcorcón.

Xa o mércores, a atención estará posta no Valladolid-Celta, de Primeira, e no Oviedo-Deportivo, de Segunda.

Baixo a dirección de Paco Santos, a audiencia do Galicia en goles poderá seguir as retransmisións pola FM, TDT, radiogalega.gal, aplicacións como Radioplayer España e polos altofalantes Alexa.