CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Moncho Carnero "A imaxe do Celta foi penosa. Con cero tiros a porta, como moito, empatas"

13/06/2020 - 19:50 h

O regreso do Celta á competición non foi todo o feliz que o celtismo desexaba. A derrota ante o Vilarreal, cun gol encaixado no desconto, non gustou á afección, sobre todo, polas formas. O xogo foi plano e inoperante.

Así o pensa o analista do Galicia en goles Moncho Carnero: "A imaxe do Celta foi penosa. Con cero tiros a porta, como moito, empatas. O centro do campo estivo inoperante e o ataque desasistido. E, en defensa, eles xeraron moito perigo".

O exadestrador céltico foi máis alá: "O equipo non saíu cunhas condicións óptimas para competir na Liga. Concedeu demasiado ao rival. Hai que ser realistas, a imaxe foi nefasta e a derrota, merecida".