CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Pedro Fernández, de Fan Event: "Levamos traballando co Celta dende hai tempo e hai moitos equipos interesados"

13/06/2020 - 15:15 h

Fan Event é unha empresa malagueña creadora duna aplicación para que afeccionados e seareiros xoguen e interactúen dende as súas casas en partidos e eventos sen público.

Pedro Fernández é o seu CEO: "É algo que levamos facendo dende hai un ano, non xorde polo coronavirus. Hai xa moitos equipos interesados, tanto de primeira como de segunda. Levamos traballando co Celta dende hai tempo, co tema dos videomarcadores".

Sobre a opción que está a escoller, nestes primeiros partidos, a Liga, Fernández é crítico: "Semella o Fifa96. Nos tempos que corren, hai opcións e tecnoloxía para facer algo máis e mellor".