CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

O xoves e o venres, a penúltima xornada da Liga na Radio Galega

12/07/2020 - 15:12 h

A derrota en Pamplona atrasa a celebración da permanencia do Celta na Primeira División.


O equipo que prepara Óscar García Yunyent quere certificar de xeito matemático a continuidade na elite este xoves en Balaídos. O Levante, que está na zona media da táboa, semella ser o rival ideal para xogar un partido chave.


A emisión comezará ás oito e media da tarde, coa dirección de Toni López García. No pupitre de retransmisión no estadio vigués estará Roberto Carlos Carballo, respaldado polos especialistas Víctor López e Moncho Carnero.


A partir das once da noite, o espazo Ao Contraataque encargarase da análise do sucedido, escoitando a comparecencia do adestrador na sala de prensa de Balaídos e abrindo posteriormente mesa de debate cos analistas.


O venres, o protagonismo da xornada será para a Segunda División. Desde as oito e media, a Radio Galega ofrecerá os encontros Mirandés-Deportivo e Tenerife-Lugo.