CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Gustavo Aranzana: "Non podemos regalar o encontro. É un dos días nos que estou máis enfadado co equipo".

12/04/2019 - 22:52 h

O adestrador do Básquet Coruña pasou polo Galicia en Goles para analizar a derrota do seu equipo fronte ao Tau Castelló (83-84) na 31ª xornada da liga LEB ouro de baloncesto.

O técnico rematou moi molesto coa actitude dos seus xogadores nos últimos minutos de partido, ao deixaren escapar unha vantaxe de 20 puntos no marcador. Aranzana afirmou que:  “É dos días nos que estou máis enfadado co equipo.Non podemos regalar un encontro no que imos 20 arriba no marcador. Cando gañabamos claramente desconectamos e regalamos o partido. O público non se merece que regalemos este partido”.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí