CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Íñigo Alayeto: "É un partido e unha vitoria que dá moral"

11/09/2021 - 19:45 h

O Rácing de Ferrol acadou o primeiro triunfo da temporada tras remontar ao Valladolid Promesas e rematar gañando na Malata por dous goles a un. Íñigo Alayeto  atendeu a Raúl Villares na Zona mixta do feudo departamental "foi un partido moi traballado, non moi vistoso pero o importante é sacar os tres puntos ante a nosa xente e que nos sirva para seguir cara adiante. É un partido e unha vitoria que da moral"

Sobre o xogo Íñigo opina que "era un rival moi novo, que podía facernos dano á contra e tiñamos que estar moi axustados. Fixemos ben con ter a pelota e conseguimos mantelos. Ante a afección, coa nosa xente, sabe moi ben a vitoria, da forza para seguir"