CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Ian Mackay: "A viaxe de volta faise máis amena, pero xa hai que pensar no Badaxoz"

11/09/2021 - 19:11 h

O  Deportivo sEgue sumando vitorias neste arrinque de temporada. O conxunto de Borja Jiménez derrotou o Calahorra por cero goles a tres. Un dos homes máis destacados foi o porteiro Ian Mackay, que con 1 a 0 tivo algunhas actuacións de mérito: "O certo é que os porteiros estamos para iso, para parar cando nos chegan. Con ese marcador puiden axudar e logo ter un partido máis tranquilo. A viaxe de volta faise máis amena, pero xa hai que pensar no Badaxoz"

Evitando triunfalismos o do Ventorrillo, aínda imbatido neste curso futbolístico,  quixo destacar o papel de todo o equipo: "O nivel defensivo de todo o equipo é brutal. Ás veces non estamos todo o finos que desexamos, pero estamos amosando que somos un bloque e sabemos sufrir nos momentos clave para poder levar o partido"