Galicia en Goles
Emotiva homenaxe ao "Galgo de Zamáns", Alexandre Gómez
O Hotel Coia de Vigo foi o lugar escollido pola Federación Galega de Atletismo para celebrar a homenaxe emotiva ao "Galgo de Zamáns", Alexandre Gómez.
Centos de persoas estiveron acompañando a un dos mellores atletas galegos de tódolos tempos para recoñecer todo o que deu para o noso deporte.
Alí estivo Raúl Villares falando con moitos protagonistas, entre eles eun gran amigo Pedro Nimo "Para moitos ciclistas Ezequiel Mosquera é un referente. Para a miña xeración de atletas, era Alexandre.2
O acto contou con moitas mensaxes, a do presidente da Federación Internacional, Sebastian Coe, incluída.
A ovación coa que o agasallaron á súa entrada foi moi emotiva.