CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Fredi Bea "Estamos moi ilusionados en concienciar aos máis pequenos da nova situación que estamos vivindo"

11/07/2020 - 15:38 h

Pouco a pouco o deporte volve á normalidade e  o piragüismo non é menos.

 

Hoxe Andrés Vieites visitou nas praias do Grove ao presidente da Federación Galega de piragüismo para coñecer cómo son estas primeiras semanas de actividade deportiva"Estamos moi ilusionados en concienciar aos máis pequenos da nova situación que estamos vivindo. Na Fase 1 puidemos saír aos ríos, ao mar e pantanos a adestrar pero agora todos os noso esforzos están postos na base e nos rapaces"

 

Bea asegurou "Queremos que o deporte sexa unha solución, non un problema. Houbo xa competicións, cumpríronse tódolos protocolos de maneira exemplar. Agora toca competir e divertirse, non gañar. É a nosa obsesión"