CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Kevin Presa: "Hai que ver a evolución do equipo. Non somos os mesmos da primeira xornada"

10/10/2021 - 19:23 h

O Rácing de Ferrol caeu na Malata por cero goles a un ante o Badaxoz nun encontro en que o conxunto de Cristóbal Parralo mereceu máis.

Na sala de prensa falou Kevin Presa sobre as súas sensacións, tanto no físico coma polo resultado. "Foi o xemelgo, subiu, será a falta de minutos. Quedo con que o abdutor non deu problemas. Para min non mereceron o triunfo. Tiraron dúas veces: unha, un golazo, e outra, unha parada nosa. Nós tentamos propoñer, conectar, faltou algo no último terzo".

Presa quixo ser positivo: "Creo que hai que ver a liña que leva o equipo. Xa non somos o mesmo equipo que na primeira xornada. A liña de traballo é moi boa e hai que confiar nela. Creo que os resultados chegarán".