CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Antonio Quinteiro: "Dou por bo o punto no Espiñedo. Temos equipo para loitar o primeiro posto"

10/10/2021 - 19:05 h

O derbi do Espiñedo na 2ª RFEF rematou con empate a un entre Arenteiro e Compostela. Ao remate do encontro pasou polos micrófonos do Galicia en goles o presidente do conxunto santiagués Antonio Quinteiro: "Dou por bo o punto no Espiñedo. Este é un campo difícil e no inverno, con zonas de sombra, será máis complicado xogar aquí e estou seguro que moitos equipos darán por bo empatar no Carballiño".

Nunha ampla conversa con Roberto Carlos Carballo, o presidente compostelanista falou sobre o papel do novo técnico Rodri e tamén das aspiracións nesta temporada: "Rodri é un home que coñece a casa, leva anos no proxecto con Yago e agora ten que afacerse á xestión de grupo, pero confiamos moito no seu traballo. Temos equipo para loitar polos postos de playoff e, hai que dicilo, creo que tamén para aspirar ao primeiro posto, o equipo sábeo".