CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Lauti: "O traballo do grupo viuse, por fin, recompensado coa vitoria"

10/09/2021 - 23:19 h

O Celta B sumou o primeiro triunfo do curso tras derrotar o  Real Unión de Irún por un gol a catro. Un dos goleadores foi  o uruguaio Lautaro de León, Lauti, que marcou os dous últimos tantos olívicos.  "O certo é que non tiñamos un peso enriba. Mereciamos gañar o anterior partido. Estamos traballando moi ben. Foi un partido moi disputado, nun campo difícil. Estivemos á altura. Foi un partido de ida e volta, pero collemos o ritmo. "O traballo do grupo viuse, por fin, recompensado coa vitoria".

Lauti considera que "non creo que teñamos un problema coa defensa. Traballamos ben nas dúas liñas. Hai que limar cousas a mellorar e seguir así. En canto aos meus goles, estou contento, pero o máis importante foi a vitoria do equipo"

E sobre o papel dos canteiráns foi claro: "Gabri Veiga, Íker Losada e mais eu coñecémonos dende hai moito tempo e entendémonos á perfección. Estamos moi contentos coa canteira do Celta"