CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

O 6 de Nadal de Vigo conta o seu "particular" partido contra o coronavirus

10/04/2020 - 22:15 h

No Galicia en Goles falamos cun clube de formación senlleiro en Galicia, o 6 de Nadal de Coia (Vigo). Co seu director deportivo Sergio González falamos sobre as iniciativas que están a levar cos seus rapaces e rapazas durante este confinamento.

Unha das actividades máis destacadas terá lugar este sábado, ás 19:00 cunha formación on-line para adestradores coa psicóloga Maite Torres baixo o título "Entrenar con cabeza y corazón". Con ela tamén conversou Paco Santos, sobre a charla e a necesidade do coidado psicolóxico nesta situación de illamento social.