CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Álex López: "Hai que facer autocrítica e mellorar para loitar polo obxectivo"

10/01/2021 - 19:50 h

O Rácing de Ferrol sufriu un duro revés na Malata, tras caer derrotado ante Unionistas por cero a un, cun tanto de Álex Rey no último minuto do encontro. O ferrolán Álex López atendeu os medios moi afectado pola derrota.

"Estou moi fastidiado e doído. Non xogamos un bo partido pola nosa parte pero tivemos as nosas ocasións. Eles á contra fixeron dano por erros nosos. Nesta categoría hai que facer gol. É un pau moi duro e unha situación complicada. Hai que pensar no seguinte partido e darlle á volta á situación".

O conxunto departamental queda un chisco rezagado da loita polos tres primeiros postos. Queda unha volta enteira e Álex López quere revertir a situación.

"Tiñamos esperanzas. Falta ese partido que nos meta nos 3 primeiros. Quedan 9 xornadas, hai que pensar no Pontevedra, moito que mellorar, facer autocrítica e darlle a volta".