CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Fernando Vázquez: "Nada funcionou. O que deu o equipo é bastante pobre"

10/01/2021 - 19:31 h

Fernando Vázquez compareceu ante os medios de comunicación tras a derrota do Deportivo en Zamora, a segunda consecutiva do conxunto coruñés.

"Non sentín que a defensa sufrise en exceso. O problema hoxe foi que eles manexaron o balón con máis criterio que nós. Non funcionamos nin a nivel individual nin a nivel colectivo. Non estivemos ben. Nada funcionou. O que deu o equipo é bastante pobre".

A figura do técnico de Castrofeito queda tocada, pero el amosase tranquilo: "Eu só podo dicirche que estou perfecto, non teño sensación estraña. Que perdemos o segundo partido, si. Volveremos gañar. Chegabamos en mal momento, con baixas, pero non é escusa para xustificar a derrota. O que me preocupa agora é recuperar xente para poder ter recursos que hoxe non tivemos".

Con este traspés o Deportivo perde corda co liderado, que está a 5 puntos tras a finalización da primeira volta.