CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

O Sabadell-Lugo, este luns, no 'Galicia en goles'

10/01/2021 - 15:35 h

O Club Deportivo Lugo desputa este luns a vixésimo primeira xornada de liga na segunda división. 

O conxunto da Muralla completa a primera volta de competición visitando un mítico campo como é a Nova Creu Alta. O Sabadell será o rival dos de Nafti, que buscarán reatoparse co triunfo tras varias xornadas sen gañar.

De conseguir tres puntos o Lugo asentaríase na zona media alta da clasificación, xa que chega a este partido con 27 puntos, oito máis que o seu rival, que ocupa o último posto de descenso. 

O Sabadell-Lugo será o gran protagonista dun Galicia en goles que presentará Paco Santos, que comezará ás 20:30 e se prolongará ata a medianoite. O partido será retransmitido por Andrés Vieites, con comentarios de Emilio González e Rafa Porto.