Galicia en Goles
Raúl López, presidente do Monbus Obradoiro: "O proxecto do ano que vén é ilusionante para nós, para os afeccionados e para o público"
O presidente do Monbus Obradoiro, Raúl López, comenta a decisión da ACB de contar con 19 equipos para a temporada 2020/21 da Liga Endesa. Esta decisión foi tomada despois de que un xulgado de Barcelona obrigara a ACB a convidar o Guipúscoa a sumarse á primeira competición do baloncesto español, tras a súa primeira praza na pasada LEB Ouro, segunda categoría do baloncesto español.
Tamén repasa as novas incorporacións (7 en total) e o novo proxecto do club, que describe como "ilusionante para nós, para os afeccionados e para o público".