CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Diego Espiñeira, do Team Galicia de xadrez: "Dende a primeira entrevista no 'Galicia en goles' case triplicamos as solicitudes para xogar con nós"

09/05/2020 - 19:10 h

O Team Galicia é un club de xadrez virtual que mañá xoga ante Paquistán a partida polo ascenso á cuarta división mundial. O éxito deste club creceu dende que pasou polo Galicia en goles hai unhas semanas.

"Dende a primeira entrevista case triplicamos as solicitudes para xogar con nós. Eramos 15 e mañá estaremos entre 35 e 40 competidores".

Espiñeira explicou as opcións galegas para mañá: "Ascender á 4 división mundial é un paso.  Considero que somos favoritos. Creo que cando vaiamos ascendendo máis xogadores de gran nivel galegos se sumarán ao proxecto de xogar en liña. Do meu club de Padrón estamos moitos. Temos algúns galegos que xogan dende o extranxeiro co noso equipo".

Sobre a tensión competitiva afirmou: "Estou acostumado a xogar partidas importantes dende os 17 anos. Levo os nervios mellor, incluso xogar dende a casa axuda. Os máis nerviosos son os membros do equipo directivo. Pódese ver todo o torneo en chess.com".