CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Ale de Paz: "Todo o que xogamos, gañámolo. Estou moi leda"

09/01/2021 - 15:41 h

O Burela proclamouse campión da Supercopa de España de fútbol sala feminino tras derrotar na final o Poio Pescamar por dous goles a cero no partido desputado en Vista Alegre.

A xogadora Ale de Paz conversou con Andrés Vieites tras o encontro: "Estou moi leda. Todo o que xogamos, gañámolo. É a liña que temos que seguir. Na primeira parte o partido estivo moi reñido e igualado. Creo que no segundo tempo fomos máis superiores. Tivemos a posesión porque estamos cómodas con ela".

Sobre os seguintes obxectivos, foi clara: "Agora toca celebrar, xa pensaremos mañá. A festa? ata as once da noite que é o tonque de queda, antes non...".