Galicia en Goles
Falamos con Quique Domínguez, que marcha ao Anaitasuna, e con Luis Montes, tras deixar o Teucro
Tras a confirmación, nas pasadas datas, da finalización de todas as competicións estatais de balonmán, comezan os movementos nos planteis e, tamén, nos bancos.
A noite pasada, Paco Santos conversou con dous adestradores que anunciaron estes días novidades no seu futuro. Un deles, todo un histórico e veterano: Quique Domínguez. O pontevedrés abandona o SD Atlético Novás do Rosal. Ven de aceptar unha oferta da liga Asobal, concretamente do histórico Anaitasuna de Pamplona.
Pola súa banda outro pontevedrés, Luis Montes, non seguirá á fronte do Teucro. Tras unha difícil temporada, a directiva teucrista decidiu non renovalo e busca, dende xa, un novo inquilino para o banco do Pazo dos Deportes. Montes tamén falou con Paco Santos no Galicia en goles sobre a súa saída do histórico conxunto galego.