CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Lucas, novo técnico do Burela F. S.: "Con ilusión e moita responsabilidade"

06/08/2021 - 23:55 h

Lucas, novo técnico do Burela F. S.: "Con ilusión e moita responsabilidade".

Iván Cao, Lucas, volve a Burela para adestrar de novo ao Pescados Rubén Burela F. S. Chega despois de exercer como axudante de Julio Delgado nas últimas cinco tempadas.

O técnico asegurou no Galicia en goles que afronta con ilusión e responsabilidade a dirección do equipo feminino, considerado mellor club de fútbol feminino mundial. Neste senso, indica que seguirá cos mesmos obxectivos e que haberá poucos cambios. "Para que cambiar o que funciona. Creo que temos que seguir coa mesma idea de traballo e os mesmos obxectivos".