CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Pablo Prieto: "Marín loitará por acoller a fase final de ascenso á Primeira feminina de fútbol sala"

06/06/2021 - 15:18 h

O Marín asaltou Esteiro e derrotou o Valdetires Ferrol no playoff de ascenso á Primeira División de fútbol sala feminino. O conxunto pontevedrés gañou por un claro catro a nove e agora terá dúas oportunidades para lograr o billete para a elite do futsal feminino.

A fase final estaba prevista realizala en Madrid, pero problemas de instalacións impedirán que se faga na capital do Estado. Así, nas vindeiras datas terá que elixirse o lugar de celebración. Como recoñeceu o responsable da RFGF, Pablo Prieto, Marín opta a ser o conxunto anfitrión: "Marín loitará por acoller a fase final de ascenso á Primeira feminina de fútbol sala. Conta con todo o apoio de Futgal"